Espazo
Confirmando o seu compromiso coa promoción do desenvolvemento sustentable en Galicia, RIA establece unha sede no centro de Santiago de Compostela. O edificio histórico da rúa Virxe da Cerca ofrecerá un espazo para a transferencia de ideas, o debate e a investigación multidisciplinar.
Casa RIA acolle un programa público de eventos, charlas, conferencias e exposicións relacionadas co traballo da Fundación RIA, incluíndo a planificación urbana, a xestión territorial sustentable e a cultura do deseño arquitectónico.
O edificio do antigo sanatorio, que foi reformado y transformado por David Chipperfield Architects Santiago, ofrece instalacións formativas e de aloxamento para apoiar residencias de investigación de ata 20 investigadores ou estudantes en colaboración con institucións académicas.
Unha cantina dá soporte ao programa público de Casa RIA, destacando tamén o papel central que desempeña a alimentación no desenvolvemento sustentable. Situada na planta baixa, está dirixida polo chef Iago Pazos e céntrase en produtos locais e de temporada. O edificio alberga á súa vez as oficinas de David Chipperfield Architects Santiago, cuxa actividade y recursos apoian o labor da Fundación RIA.
Para fomentar o desenvolvemento da comunidade, Casa RIA tamén ofrece os seus espazos de exposición e conferencias á promoción de iniciativas locais, como mostra das actividades galegas e plataforma de difusión do coñecemento local.

Estancias
Casa RIA ofrece residencias de investigación e plans de co-working completos nas súas instalacións de Santiago de Compostela, permitindo numerosas posibilidades de colaboración con universidades, centros de investigación e outras institucións académicas.
RIA promove diversos programas educativos e de investigación para fomentar o intercambio de coñecemento, ofrecendo a súa propia investigación xunto a contribucións de representantes locais, profesionais e académicos a través de conferencias, sesións de traballo, entrevistas e visitas.
Talleres
Programas educativos elaborados por RIA e centrados nun tema, lugar ou metodoloxía específicos, que achegan aos estudantes á profesión e permítenlles experimentar a realidade dun contexto concreto.
Estancias de investigación
Programas dirixidos por RIA en estreita colaboración cunha institución académica, nos que as actividades previstas e as sesións de traballo adáptanse aos temas de interese da institución e ao seu currículo académico. A estancia mínima é dunha semana, que pode prolongarse previo acordo con Casa RIA.
Residencias
Programas de colaboración con investigadores individuais ou pequenos grupos que desenvolven parte da súa investigación ou área de interese mediante un traballo independente vinculado á fundación. Durante a súa estancia, RIA facilitará aos investigadores o acceso a información e contactos coas partes interesadas, ademais de organizar actividades personalizadas como visitas, reunións, conferencias e exposicións. En función da contribución da investigación aos obxectivos da fundación, será posible obter unha bolsa parcial ou total.
Para máis información sobre os nosos programas educativos e de investigación, póñase en contacto con info@fundacionria.org


A Cantina
A Cantina é o comedor que dá soporte ao programa público de Casa RIA, e que enfatiza o papel central que desempeña a alimentación na visión da fundación sobre o desenvolvemento sustentable do territorio.
A cargo do proxecto está Iago Pazos, quen desde fai máis dunha década está á fronte de varios espazos gastronómicos en Santiago estreitamente ligados ao mercado compostelán e o seu tecido local.
Aproveitando a situación privilexiada de Casa RIA, a escasos metros da praza de abastos de Santiago, A Cantina centra a súa oferta en produtos locais e de tempada. Baixo a premisa básica de cociña de mercado, expón un diálogo co comensal facéndoo partícipe e consciente de onde veñen os alimentos e como están producidos.
Coa vontade de fomentar o seu vínculo co territorio e xerar riqueza coa contorna máis próxima, o espazo traza un mapa consciente de persoas que lideran proxectos con raíces e abastecen a cantina, mostrando a proximidade dos produtos a través da súa quilometraxe.
En liña cos principios da Fundación RIA, A Cantina convértese nunha infraestrutura para desenvolver proxectos en conexión coa comunidade e o territorio, nos que se aborde a alimentación dunha maneira culta e entendida como un proceso de respecto e sustentabilidade. Cunha mirada contemporánea, o espazo é fiel á cociña tradicional e pon especial atención en respectar e potenciar as receitas e saberes da gastronomía galega. Tamén é, por tanto, un proxecto de documentación, procura, crítica e reflexión.
A Cantina está aberta no horario da nosa sala expositiva
Lun – Sáb, de 10 a 17 h
Máis información no seu Instagram ou a través de acantina@casaria.org
