Concurso para a rehabilitación arquitectónica e paisaxística da Panda da Dá
Co apoio da Fundación RIA, Finsa impulsa un concurso de arquitectura aberto para rehabilitar arquitectónica e paisaxísticamente o predio da Panda da Dá e consolidalo como un espazo de oportunidades para a xestión sostible do territorio. O concurso ten carácter aberto, non anónimo e conta con intervención de xurado. Está dividido en dúas fases, unha primeira de envío de porfolios e outra de elaboración de propostas a nivel de anteproxectos para os cinco equipos finalistas.
Finsa lanza un concurso de arquitectura para continuar transformando o seu predio da Panda da Dá (As Pontes de García Rodríguez) e consolidalo como un espazo de oportunidades para a xestión sostible do territorio. Esta convocatoria permitirá rehabilitar arquitectónica e paisaxísticamente o predio de 410 ha para dar cabida a novas actividades formativas e de investigación, así como servir de soporte a visitas de entidades relacionadas coa xestión do territorio e a cadea de valor da madeira.
O concurso exponse como un procedemento aberto e non anónimo, con intervención de xurado, e organizado en dúas fases:
—A primeira delas mediante selección de porfolios dos equipos, onde se escollerán a cinco finalistas para desenvolver a segunda fase
—Unha segunda fase de realización de propostas arquitectónicas a nivel anteproxectos, con premios económicos para todos os equipos participantes
A recepción de candidaturas da primeira fase está aberta desde o 19 de novembro ata o 18 de decembro de 2024 ás 14:00 h (hora española peninsular), seguindo as indicacións descritas nas bases do concurso.
Outorgaranse premios aos 5 equipos seleccionados pola realización da segunda fase:
—O equipo gañador recibirá un premio de 20.000€ e a adxudicación do contrato ulterior
—Os restantes equipos participantes nesta segunda fase recibirán premios de 5.000€
O xurado do concurso está composto por dous representantes de Finsa e tres profesionais da arquitectura cunha ampla traxectoria e recoñecemento: Aurora Armental Ruiz, cofundadora do estudio Estar; Graça Correia, cofundadora do estudio Correia Ragazzi; e Carme Pinós Desplat, fundadora do estudio Carme Pinós.
Unha comisión consultiva integrada por membros de Finsa e a Fundación RIA participará nos debates do xurado sen emitir voto, asesorando o xurado en cuestións estratéxicas para a compañía, xestión forestal, construción ou sustentabilidade.
Toda a información relativa ao procedemento, o predio e o programa funcional está dispoñible nas bases do concurso e o prego técnico, descargable a continuación.