1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12

Concurso para a planificación da fachada marítima da Pobra do Caramiñal

Convocatoria resolta
23 Setembro 2025 — 19 Febreiro 2026

O Concello da Pobra do Caramiñal convoca un concurso para planificar a súa fachada marítima de forma estratéxica e sostible, grazas á coordinación e apoio técnico da Fundación RIA e a colaboración administrativa do COAG. Esta iniciativa, posible grazas ao apoio económico da Fundación MOP, busca mellorar a mobilidade, a integración do mercado semanal e a calidade do espazo público, apostando por un modelo urbano máis accesible, habitable e sostible.

Desde 2024, a Fundación MOP colabora coa Fundación RIA no financiamento de recursos humanos, técnicos e económicos que permiten apoiar a concellos na planificación de proxectos estratéxicos. Poñendo o foco na calidade do espazo público, a reorganización do mercado semanal e a ordenación da mobilidade, esta convocatoria está dotada con 33.000 € en premios e a adxudicación do plan director.

A convocatoria parte dun estudo previo realizado pola Fundación RIA en colaboración coa Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), que analiza as dinámicas urbanas do núcleo e detecta a necesidade de repensar a mobilidade e a organización do fronte portuario e comercial.

O procedemento é aberto, anónimo e desenvólvese nunha única fase, con intervención de xurado. As propostas deben abordar a ordenación do espazo público na fachada marítima, con especial atención á reorganización do mercado semanal, e incluír estratexias relacionadas coa mobilidade, a infraestrutura verde, a circularidade ou a implicación de axentes locais.

Concédense tres premios económicos:

— Primeiro premio: 20.000 € e a adxudicación do contrato do plan director, valorado en 50.000 €.
— Segundo premio: 8.000 €
— Terceiro premio: 5.000 €

O xurado está presidido polo alcalde da Pobra do Caramiñal e integrado por Alfonso Salgado (Salgado e Liñares), Elizabeth Abalo (Abalo Alonso Arquitectos), Marcial Rodríguez (RVR Arquitectos), un representante do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia e Miguel Martínez Castro, arquitecto municipal.

O prazo de presentación de propostas foi ampliado a tres meses a partir da publicación oficial da convocatoria, rematando o 23 de setembro ás 13 h hora peninsular. Poden participar persoas físicas ou xurídicas, así como equipos interdisciplinares con competencias recoñecidas en arquitectura, enxeñaría e planificación urbana.

A información recollida nesta páxina ten carácter meramente informativo. Só terá validez a publicada na Plataforma de Contratación del Sector Público.

Documentación

pdf
pdf
pdf
pdf
zip