1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12

A exposición itinerante da Panda da Dá remata o seu percorrido

14 Novembro 2025

A exposición sobre A Panda da Dá que acolleu Casa RIA entre maio e xuño viaxou nos meses seguintes por varias centrais de Finsa de toda a península, compartindo o proceso cos equipos da empresa madeireira.

En 2024, RIA e Finsa impulsaron concurso internacional de ideas para o futuro da Panda da Dá un baseado nun proceso de planificación conxunto, co obxectivo de consolidar este predio de 410 ha en As Pontes de García Rodríguez como un espazo de oportunidades para a xestión sostible do territorio.

Unha exposición en Casa RIA recolleu os froitos deste proceso, analizando os máis de 30 anos de historia do lugar e mostrando como a cadea da madeira pode xerar valor engadido e axudar a coidar o territorio.

Tras o fin da mostra na sede da fundación en Santiago de Compostela, esta viaxou por diversas centrais de Finsa e complementouse cunha serie de obradoiros dirixidos ao seu persoal.

Nestas sesións, o equipo de RIA compartiu o proceso de planificación e a convocatoria do concurso, mentres que os estudios de arquitectura gañadores presentaron o novo proxecto de futuro para o predio, recollendo as achegas do persoal.

A Panda da Dá elixe o seu proxecto de futuro

Convocatoria aberta para o concurso impulsado por Finsa que rehabilitará A Panda da Dá

O predio da Panda da Dá consolidarase como un espazo de oportunidades do sector forestal