1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12

A residencia artística de Common Grounds chega a Galicia

26 Novembro 2025

As tres artistas seleccionadas nas residencias de Common Grounds –Virgile Haëck, Andrea Popyordanova e Mar Ramón Soriano– comezaron xa a súa estancia en Galicia tras o seu paso por La Citadelle de Marseille (Francia)

A súa produción artística nesta nova parada centrarase na importancia do solo en Froxán (Lousame), un territorio marcado pola contaminación derivada das antigas minas de San Finx e polo labor de restauración ambiental promovido pola comunidade local.

Ademais de coñecer de primeira man os montes de Froxán, as tres artistas visitaron tamén a EASD Mestre Mateo, o Centro de Arte FMJJ, a fábrica de Cerámicas do Castro e o laboratorio do grupo de investigación Uxafores, no Campus Terra da USC.

Common Grounds representa unha oportunidade para construír colaboracións entre comunidades locais, investigadores e o ámbito cultural e dar visibilidade á importancia dos solos como recurso non renovable.

Unha vez finalizado o seu paso por Galicia, a residencia fará a súa última parada en Sofía.

O proxecto Common Grounds busca artistas para as súas residencias en Galicia, Francia e Bulgaria