1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12

Casa RIA será o escenario das xornadas Cara a unha Axenda Territorial de Galicia. Integración urbana e rural, entre o luns 18 e o xoves 21 de novembro.

9 Novembro 2024

No marco da colaboración coa Xunta de Galicia e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, o simposio contará con máis de vinte poñentes especializados en temas de territorio, mobilidade, vivenda, espazo público, cohesión social e capacitación.

O programa iniciado en 2022 puxo en marcha unha avaliación dos instrumentos de planificación con incidencia territorial en Galicia. Este proceso incorporou o desenvolvemento de mesas redondas cun comité experto e a elaboración de informes temáticos. A través destas actividades, profundizouse na comprensión dos marcos territoriais existentes e na identificación de áreas temáticas principais da planificación territorial.

Partindo dunha avaliación inicial dos instrumentos territoriais promovidos polas administracións autonómica, provincial e local de Galicia, buscouse sintetizar as achegas do grupo experto a través da comparación dos seus informes, que identificaron potencialidades, debilidades, retos e prioridades nas diferentes disciplinas en relación co territorio galego.

Nesta segunda edición, o obxectivo é identificar temáticas, consensuar posicionamentos e propoñer políticas que poidan configurar un enfoque territorial para o desenvolvemento e a protección do territorio galego nas próximas décadas. O foco das xornadas sitúase no “como”, no proceso de gobernanza, deseño e posta en marcha da acción conxunta dos actores públicos e privados vinculados a un territorio.

Ulrich Wilhelm, Josep María Pascual, Pau Noy, David Estal, Salvador Rueda, Ignacio de la Puerta, Rafel López e Kepa Korta achegarán a súa experiencia en procesos de boas prácticas relacionados co territorio.

Pedro Calaza, Alfonso Díaz Revilla, Margarita Novales, Idoia Camiruaga, Xerardo Estévez, Heriberto García, Ana María Aboy, Xosé Artur Cuns, Nerea Rivero, Jesús Manuel Rodríguez Buján e Ledicia Suárez conforman o listado de expertos galegos.

Ponse en marcha o proxecto do novo centro social de Muimenta

O predio da Panda da Dá consolidarase como un espazo de oportunidades do sector forestal

Carballeda de Avia resolve o concurso para o centro social de Muimenta

Finsa e RIA colaboran para impulsar un concurso de arquitectura en novembro