1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12

Casa RIA acolle unha xornada sobre madeira e territorio no marco de Piñeiros 25

31 Outubro 2025

A Fundación RIA participou en Piñeiros 25 a través dunha xornada técnica que serviu como punto de encontro entre profesionais da arquitectura e do sector forestal. O evento en Casa RIA puxo en valor o papel da madeira galega e do territorio como base dunha construción sostible, innovadora e de proximidade.

Como parte do programa de Piñeiros 25 –o encontro internacional anual sobre innovación en coníferas promovido pola Fundación Arume– Casa RIA acolleu o pasado 30 de outubro unha xornada técnica dedicada a explorar as relacións entre arquitectura, madeira e territorio.

O evento serviu como espazo de diálogo entre profesionais da arquitectura, da investigación forestal e do deseño, nun contexto de reflexión colectiva arredor dun futuro construtivo baseado na proximidade e no uso responsable dos recursos.

Adrián Capelo presentou o traballo da Fundación RIA en proxectos de planificación territorial e xestión sostible do territorio, tomando o Laboratorio Ecosocial do Barbanza como caso de estudo, e moderou un diálogo entre diversos estudios galegos que empregan a madeira como eixo da súa práctica arquitectónica.

Na xornada participaron a arquitecta chilena Cazú Zegers e os estudios Arrokabe, Salgado e Liñares, Cambium Estudio e Gramática Arquitectónica.