1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12

Comeza o workshop NERU en Porto do Son para reflexionar sobre novas ruralidades

9 Setembro 2024

O pasado xoves comezaba un novo workshop enmarcado no proxecto Erasmus+ NERU–New Ruralities, que a Universidade da Coruña e a Universidade do Minho organizan en Porto do Son co apoio de RIA.

Este taller intensivo no Barbanza enmárcase no proxecto Erasmus+ NERU–New Ruralities que forman seis universidades europeas e outras entidades expertas. Tras unha primeira experiencia en Bulgaria o pasado ano, esta iniciativa desenvolverase agora no Barbanza.

Durante os próximos 10 días un grupo de 40 estudantes internacionais debaterá sobre as condicións e futuro do rural europeo nun taller intensivo de co-creación en Porto do Son. RIA é unha das entidades anfitrioas deste programa e dará apoio ao estudantado á hora de conectar cos axentes locais e explorar diferentes metodoloxías.

Ao longo do taller, unha serie de conferencias e visitas invitará a cada participante a desenvolver as súas propostas ao redor de catro temas de relevancia no Barbanza: alimentación, forestal, solo e auga.

Máis información sobre o proxecto NERU–New Ruralities no seu perfil de Instagram.

O libro do Laboratorio Ecosocial do Barbanza “Cando eramos sostibles”, xa á venda

Mil novas árbores no monte do Araño