Convocatoria aberta para o concurso impulsado por Finsa que rehabilitará A Panda da Dá
Co apoio de RIA, Finsa impulsa un concurso de arquitectura para rehabilitar arquitectónica e paisaxísticamente o predio da Panda da Dá e consolidala como un espazo de oportunidades para a xestión sostible do territorio. O concurso ten carácter aberto, non anónimo e conta con intervención de xurado. Está dividido en dúas fases, unha primeira de envío de porfolios e outra remunerada de elaboración de propostas a nivel de anteproxectos para os cinco equipos finalistas.
Finsa lanza un concurso de arquitectura para impulsar o seu predio nas Pontes de García Rodríguez (A Coruña) e consolidala como un espazo de oportunidades para a xestión sostible do territorio. A convocatoria foi anunciada esta semana pola compañía madeireira galega coa colaboración da Fundación RIA, e permitirá rehabilitar arquitectónica e paisajísticamente a leira de 410 ha para dar cabida a novas actividades formativas e de investigación, así como servir de soporte a visitas de entidades relacionadas coa xestión do territorio e a cadea de valor da madeira.
A Fundación RIA colaborou neste proceso elaborando os estudos previos que permitiron configurar un novo programa funcional para o predio, así como dando apoio a Finsa no enfoque, desenvolvemento e comunicación do concurso, traballando por establecer uns estándares de calidade para a profesión nos procesos de contratación.
A recepción de candidaturas na primeira fase está aberta ata o 18 de decembro, mediante a presentación de porfolios dos estudos interesados en participar. Nunha segunda fase con premios económicos para todos os participantes, cinco equipos finalistas desenvolverán as propostas arquitectónicas a nivel de anteproxectos.
O xurado que valorará as candidaturas está composto por representantes de Finsa e tres arquitectas de renome internacional: Aurora Armental (Estar estudio), Graça Correia (Correia Ragazzi) e Carme Pinós (Estudio Carme Pinós).
Consulta toda a documentación, prazos e requirimentos do proceso na páxina de concursos da Fundación RIA