1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12

David Chipperfield ingresa na Real Academia de Ciencias cunha chamada ao apoio ás iniciativas locais

18 Setembro 2025

O presidente da Fundación RIA ingresou como académico correspondente da Real Academia Galega de Ciencias, onde salientou a importancia de fortalecer a colaboración entre profesións, institucións e comunidade. No seu discurso animou á Academia a achegar o seu coñecemento a iniciativas de carácter local, contribuíndo ao seu desenvolvemento e consolidación.

No acto celebrado en Santiago de Compostela, David Chipperfield pronunciou o discurso de ingreso titulado Common Ground (Terreo común) como novo académico correspondente da Real Academia Galega de Ciencias. Ao longo da súa intervención, puxo o acento na necesidade de buscar puntos comúns e de sumar esforzos para afrontar con maior eficacia os retos ambientais, territoriais e sociais.

Unha das súas principais achegas foi a chamada a apoiar as iniciativas que xorden desde o territorio, moitas veces con recursos limitados e con dificultades para acceder a acompañamento técnico ou institucional.

Na súa intervención, David Chipperfield subliñou:

“Ao abordar a tarefa da revitalización do rural, fomos testemuñas de canto de soas e desconectadas están as iniciativas locais. De canta necesidade teñen de apoio administrativo, legal, técnico e científico. Na nosa misión de fomentar estas iniciativas, queremos darlles visibilidade e promover a creación e consolidación do que podemos chamar entidades facilitadoras.”

O discurso completo, baixo o título Common Ground, está publicado en aberto e dispoñible para a súa consulta en galego, castelán e inglés.

Podes acceder ao texto aquí

A Panda da Dá elige su proyecto de futuro

Finsa anuncia los equipos finalistas del concurso de arquitectura de A Panda da Dá

Convocatoria abierta para el concurso impulsado por Finsa que rehabilitará A Panda da Dá