1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12

Deseño para vivir. Material, proceso e obxectos cotiáns

27 Xaneiro 2026

Casa RIA inaugura o xoves 5 de febreiro de 2026 a primeira exposición monográfica dedicada á traxectoria de David Chipperfield Design. A mostra transformará o edificio nun espazo de reflexión sobre o deseño como acto de coidado, enraizado no material, no territorio e na vida cotiá

«Deseño para vivir» é unha revisión dos proxectos deseñados polo estudio David Chipperfield Design nos últimos 35 anos. Durante catro meses, as dúas primeiras plantas de Casa RIA albergarán unha selección de máis de 50 obxectos, ademais de prototipos, referencias e bosquexos que reflexan de xeito integral o proceso de deseño, co material que ofrece o territorio como base.

A idea que vertebra o percorrido é a do deseño non como un fin en si mesmo, senón como un medio do que nos servimos para mellorar as nosas vidas. Partindo deste principio, a mostra compleméntase cun programa público que reunirá profesionais de disciplinas diversas como o deseño gráfico, o deseño industrial, a moda ou o deseño editorial; que, a través dunha serie de conversas, seminarios e conferencias, tratarán cuestións como a articulación dos procesos creativos, a importancia da identidade visual ou o papel do deseño na vida cotiá, tomando Galicia como contexto de partida.