1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12

O futuro do Barbanza é ecosocial

4 October 2023

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza recibe un impulso de 2 millóns de euros para a xestión sustentable do territorio coas comunidades locais, tras ser seleccionado na convocatoria de proxectos de bioeconomía forestal da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO).

Tomando o traballo previo do Laboratorio Ecosocial do Barbanza dos últimos catro anos como punto de partida, a proposta seleccionada pola convocatoria de axudas para o fomento da bioeconomía forestal da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) é froito do traballo conxunto de Fundación RIA, Plataforma pola Defensa do Monte* a CMVMC de Baroña, Universidade de Santiago (CISPAC e grupos HISTAGRA e UXAFORES), Universidad Pablo de Olavide de Sevilla, Fundación Montescola e Concello de Rianxo suman forzas para poñer en marcha este proxecto transformador.

Este proxecto conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea. O Laboratorio Ecosocial do Barbanza convoca á prensa para a presentación pública da nova fase do proxecto.

O libro do Laboratorio Ecosocial do Barbanza “Cando eramos sostibles”, xa á venda

Mil novas árbores no monte do Araño