1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12

Visita a exposición do concurso de arquitectura do novo IIM do CSIC

20 Xuño 2023

Os días 27 e 28 de xullo a Praza de Armas da ETEA acollerá unha exposición coas propostas do concurso de arquitectura do novo Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC en Teis, Vigo.

A Fundación RIA participou no proxecto desenvolvendo o Plan Director da nova sede e elaborando as bases do concurso, que se resolveu o pasado mes de marzo, resultando gañador o proxecto de Pereda Pérez e MRM Arquitectos.

A implicación de RIA permitiu realizar unha análise en profundidade das necesidades da zona, xerando vínculos entre os axentes implicados, deseñando estratexias de desenvolvemento sostible e fomentando melloras ambientais. Ademais, a Fundación RIA tamén realizou labores de comunicación pública, aspirando a promover a cultura da arquitectura e do deseño e potenciando a contratación pública.

A exposición que mostrará todo este proceso terá lugar na Praza de Armas da ETEA, un espazo de especial relevancia para a que será a nova sede do Instituto de Investigacións Mariñas.

A entrada á exposición é gratuíta e conta con visitas guiadas cada 15 minutos e interpretación LSE dispoñible.

Horario
Xoves 27 de xullo, 16h—19h
Venres 28 de xullo, 11h—14h

Lugar
Praza de Armas da ETEA
Av. da Marina Española, Teis, Vigo

Visita la exposición del concurso de arquitectura para el nuevo IIM del CSIC

Concurso de arquitectura para la recuperación de la finca y el pazo de Lourizán en Pontevedra