1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12

Finsa anuncia os equipos finalistas do concurso de arquitectura da Panda da Dá

21 Xaneiro 2025

Finsa anunciou hoxe os 5 equipos finalistas do concurso de arquitectura para la rehabilitación de la finca A Panda da Dá, una iniciativa que –en colaboración con RIA– busca consolidar este espazo de 410 hectáreas nun lugar de oportunidades para o sector forestal.

Tras unha alta participación nesta primeira fase con 54 candidaturas presentadas de gran calidade, o xurado escolleu por selección curricular aos 5 equipos que desenvolverán as súas propostas para A Panda da Dá nos próximos meses.

Tanto Finsa —compañía promotora do concurso— como as tres arquitectas que compoñen o xurado —Aurora Armental (Estar estudio), Graça Correia (Correia Ragazzi) e Carme Pinós (Estudio Carme Pinós)— queren agradecer aos 54 equipos inscritos a súa participación e valorar especialmente a calidade xeral das candidaturas, o que fixo especialmente complexa a selección.

Segundo se reflexa no ditame do xurado, os cinco equipos finalistas son:

—Arrokabe Arquitectos
—Atelier Ander Bados + Estudio Copla + Bamba Studio + TO Arquitectura
—Brandão Costa Arquitectos
—CoLab + Assemble
—João Mendes Ribeiro + Luísa Bebiano

A convocatoria, que comezou cunha fase inicial de avaliación curricular das 54 propostas recibidas, inicia agora unha segunda fase na que os 5 equipos finalistas elaborarán anteproxectos arquitectónicos para o predio, tendo un prazo de 60 días para o seu desenvolvemento. Este período dará comezo tras unha visita programada á leira para coñecer de preto as súas características e necesidades.

A finais de abril, o xurado reunirase de novo para avaliar as propostas, momento no que se elixirá ao gañador do concurso. O equipo gañador recibirá un premio de 20.000 euros e a adxudicación do proxecto básico e de execución da rehabilitación, mentres que os outros catro finalistas recibirán un premio de 5.000 euros, co fin de remunerar o traballo dos equipos participantes.

A Fundación RIA colaborou neste proceso elaborando os estudos previos que permitiron configurar un novo programa funcional para o predio, así como dando apoio a Finsa no enfoque, desenvolvemento e comunicación do concurso.

Con esta convocatoria, Finsa dá continuidade ao proceso de consolidación da Panda da Dá como un espazo de oportunidades para o sector forestal e a investigación, promovendo a innovación arquitectónica e a valorización do patrimonio natural e cultural de Galicia.

O predio da Panda da Dá consolidarase como un espazo de oportunidades do sector forestal

Convocatoria aberta para o concurso impulsado por Finsa que rehabilitará A Panda da Dá

Finsa e RIA colaboran para impulsar un concurso de arquitectura en novembro