1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12

Finsa e RIA colaboran para impulsar un concurso de arquitectura en novembro

18 Outubro 2024

Co apoio da Fundación RIA, Finsa impulsará o mes que vén un concurso de arquitectura aberto que transformará o predio da Panda da Dá para consolidala como un espazo de oportunidades para a xestión sustentable do territorio.

Finsa continuará transformando o seu predio da Panda da Dá (As Pontes de García Rodríguez) para consolidala como un espazo de oportunidades para a xestión sustentable do territorio.

Co apoio da Fundación RIA, no mes de novembro impulsará un concurso de arquitectura que permitirá rehabilitar as edificacións da Panda da Dá para dar cabida a novas actividades formativas e de investigación, así como servir de soporte a visitas ao predio de entidades relacionadas coa xestión do territorio e a cadea de valor da madeira.

Finsa pretende conectar con toda a cadea da industria forestal para a creación e consolidación deste espazo de oportunidades que respecte e poña en valor o patrimonio natural e construído. Clientes, colaboradores, comunidades de montes veciñais e outros axentes chave do sector serán parte fundamental no impulso e desenvolvemento da Panda da Dá.

Tras 30 anos desenvolvendo unha xestión multifuncional neste predio de 410 ha, Finsa quere dar un paso máis para converter A Panda da Dá nun espazo de oportunidades onde mostrar e desenvolver o potencial da xestión sustentable do territorio.

A Fundación RIA traballou da man de Finsa na análise, o deseño estratéxico e o establecemento de condicións e estándares de calidade. Estes traballos previos sentaron as bases dun concurso de arquitectura que se anunciará no próximo mes, momento a partir do cal se abrirá o prazo para a recepción de candidaturas.

Nas próximas semanas, a Fundación RIA ofrecerá máis detalles sobre esta colaboración, así como as características e datas da convocatoria.

Carballeda de Avia resolve o concurso para o centro social de Muimenta

Ponse en marcha o primeiro concurso no marco do convenio entre RIA e a Fundación MOP, para deseñar un centro social en Muimenta

Estudantes da UNAV visitan a aldea modelo de Infesta coa Fundación RIA

Concurso de arquitectura para a recuperación da finca e pazo de Lourizán en Pontevedra