1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12

Internalities visita Casa RIA no marco da exposición A Panda da Dá

22 Xuño 2025

O proxecto que representa este ano a España na Bienal de Arquitectura de Venecia protagonizou unha nova conversa pública arredor da mostra A Panda da Dá. A sesión reuniu ao equipo de investigación do eixo enerxético de Internalities para explorar o caso da conca do Eume como modelo sostible de captación enerxética.

Casa RIA acolleu o xoves 19 de xuño unha nova conversa pública no marco da exposición A Panda da Dá, cun encontro protagonizado polo equipo de Internalities: Architectures for Territorial Equilibrium, proxecto que representa a arquitectura española na Bienal de Venecia 2025.

Participaron Manuel Bouzas, co-comisario de Internalities; Aurora Armental Ruiz e Stefano Ciurlo Walker, arquitectos do estudio Estar, xunto ao fotógrafo Luis Díaz Díaz, todos eles a cargo da investigación arredor da enerxía no proxecto. A conversa puxo o foco na conca do Eume como caso de estudo territorial, onde é posible imaxinar outras formas de producir enerxía dende a biodiversidade, a igualdade social e a gobernanza comunitaria.

A sesión forma parte da programación especial que acompaña a exposición A Panda da Dá en Casa RIA, unha mostra que explora como o monte pode converterse nun espazo de innovación para a xestión sostible, a produción de valor e a rehabilitación arquitectónica. A visita de Internalities reforza o diálogo entre investigación aplicada e experiencias reais no territorio, convidando a pensar o papel da arquitectura nunha transición ecolóxica con dimensión social.

Esta mostra pode visitarse en Casa RIA ata o 7 de xullo no seu horario habitual, de luns a sábado de 10 a 17 h, e recolle un modelo de xestión sostible do monte que integra produción forestal, deseño e rehabilitación arquitectónica, cun enfoque replicable e vinculado ao territorio. A programación pública pechará o 2 de xullo cunha última sesión titulada Arte e territorio: crear dende o lugar, que inclúe unha mesa redonda con artistas que traballaron no predio e un concerto a partir das 18:30 h.

A Panda da Dá elige su proyecto de futuro

Finsa anuncia los equipos finalistas del concurso de arquitectura de A Panda da Dá

Convocatoria abierta para el concurso impulsado por Finsa que rehabilitará A Panda da Dá