1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12

A Fundación RIA, en colaboración coa AXI, desenvolverá dous actos participativos sobre a estrada AC-305 ao seu paso por Escarabote e Coroso

21 August 2023

O martes 22 e o mércores 23 de agosto terán lugar as sesións de participación veciñal en Escarabote (Boiro) e Coroso (Ribeira), respectivamente. Os dous eventos son de libre acceso e buscan coñecer a perspectiva dos veciños destes núcleos atravesados pola AC-305.

Tras a elaboración dun anteproxecto para a humanización da AC-305 ao seu paso por Palmeira—o cal xa foi aprobado e está a espera de licitar as obras este verán—a Fundación RIA asinou en decembro de 2020 un convenio de colaboración coa Axencia Galega de Infraestruturas da Xunta de Galicia (AXI). No marco deste convenio, RIA desenvolveu un estudo xeral da estrada AC-305, que percorre todo o litoral do Barbanza desde Padrón ata Ribeira, e está a elaborar propostas de intervención para mellorar a seguridade e recuperar a identidade urbana en 5 tramos prioritarios (Taragoña, Boiro, Escarabote, A Pobra do Caramiñal e Coroso).

Esta semana terán lugar os actos de participación e reflexión da cidadanía nos núcleos de Escarabote e Coroso. Esta metodoloxía, contemplada no acordo de colaboración entre ambas entidades, busca fomentar o debate coa poboación local para incorporar ao estudo criterios subxectivos sobre a seguridade da vía e reflexionar sobre os valores patrimoniais, urbanísticos e identitarios da contorna.

Ademais, para facilitar a participación da veciñanza que non poida acudir ás xornadas e podermos coñecer de primeira man as súas inquedanzas, están dispoñibles unhas enquisas online específicas para cada núcleo.

Acto de participación veciñal en Escarabote
Martes 22 de agosto de 11:00 a 13:30 h
Primeiro andar do Centro Social de Escarabote
Se non podes asistir, cubre a túa enquisa aquí

Acto de participación veciñal en Coroso
Mércores 23 de agosto de 11:00 a 13:30 h
Escola Náutica Pesqueira de Ribeira
Se non podes asistir, cubre a túa enquisa aquí

 

Visita a exposición do concurso de arquitectura do novo IIM do CSIC

A Xunta aproba o proxecto de humanización da travesía de Palmeira