1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12

Concurso de arquitectura para a recuperación da finca e pazo de Lourizán en Pontevedra

4 Outubro 2023

As solicitudes abordarán a rehabilitación dos edificios protexidos existentes e a súa adecuación para atender ás necesidades do novo conxunto, a intervención paisaxística da finca e poderán propoñer outras actuacións complementarias, como a construción dun edificio de nova planta.

A Xunta de Galicia promove a través da Axencia Galega da Industria Forestal—dependente da Consellería de Medio Rural—un concurso de ideas para a rehabilitación do complexo de Lourizán e posta en marcha dun novo programa de aproveitamentos que consolide a explotación como referente para a formación, investigación e divulgación forestal e como punto de encontro do sector.

Neste proceso, a Fundación RIA participou no deseño dun programa funcional que permita a recuperación do pazo e la finca de Lourizán e sitúe ao complexo no centro da innovación, o desenvolvemento e a protección do medio natural.

O concurso de ideas, a nivel de anteproxecto, publicouse hoxe na Plataforma de Contratación do Sector Público. Trátase dun procedemento aberto e que constará de dúas fases, a obxecto de limitar o número de participantes.

As candidaturas deberán contemplar a rehabilitación dos edificios protexidos existentes na parcela e a súa adaptación para satisfacer as necesidades do novo complexo forestal de Lourizán. Así mesmo, adamais da posibilidade de propoñer a construción dun edificio de nova planta e outras actuacións complementarias, tamén se realizará unha proposta de intervención paisaxística da parcela.

As mellores propostas presentadas recibirán premios económicos de 48.400€, 24.200€, 18.150€ e cinco accésits de 12.100€ cada un. Ademais, o equipo gañador será adxudicatario do contrato ulterior de servicio para a redacción do proxecto básico e de execución e, no seu caso, para a dirección de obra. O valor estimado deste contrato é de 1.398.283€.

RIA desarrolla dos actos participativos sobre AC-305 en Escarabote y Coroso

La Xunta aprueba el proyecto de humanización de la travesía de Palmeira

Mil nuevos árboles en el monte de Araño