1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12

Mil novas árbores no monte do Araño

31 Marzo 2024

A pasada semana, alumnos do IES Félix Muriel de Rianxo—xunto coa colaboración da Comunidade de Montes do Araño—levaron a cabo unha plantación de mil árbores frondosas e frutais no Montiño (parroquia do Araño), enmarcada no seu proxecto Monte Vivo.

Esta plantación por parte do alumnado—maioritariamente de castiñeiros, carballos, sobreiras e acivros—promove nos máis novos unha planificación sostible do monte, revertendo o crecemento invasivo das plantacións de eucalipto. A xornada contou tamén coa solta dun exemplar de miñato real que fora tratado no centro de recuperación de fauna silvestre.

A actividade encadrouse no proxecto Monte Vivo, que o instituto de Rianxo botou a andar hai dous cursos cun proceso de transformación do patio escolar, que fora cercado polo lume en marzo de 2019. Desde entón, o centro pon en práctica numerosas accións para vincular a práctica educativa co territorio e as comunidades, favorecendo un modelo de aprendizaxe máis activo e participativo.

Trátase dunha iniciativa que comezou en solitario pero que en 2021 recibiu o pulo e o recoñecemento do Laboratorio Ecosocial do Barbanza—proxecto coordinado pola Fundación RIA—, cando unha das súas propostas resultou sendo unha das tres iniciativas financiadas pola convocatoria de Proxectos Semente. Desde entón recibe o apoio e a colaboración do Laboratorio Ecosocial do Barbanza.

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza recibe 2 millóns de euros de fondos europeos

O libro do Laboratorio Ecosocial do Barbanza “Cando eramos sostibles”, xa á venda