1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12

O alumnado da UIC inicia os seus proxectos académicos na ría de Arousa

24 Setembro 2024

A semana pasada, 40 estudantes da Universitat Internacional de Catalunya visitaron a ría de Arousa guiados pola Fundación RIA, no marco dun convenio académico máis amplo coa entidade.

Durante a súa xornada, o alumnado percorreu distintos emprazamentos seleccionados pola fundación, que visitaron da man de axentes locais que lles transmitiron os saberes e necesidades de cada lugar. As localizacións centráronse en tres ámbitos: áreas costeiras e portos; núcleos urbanos; e polígonos industriais e monte.

Esta experiencia permite comprender mellor a contorna onde decidirán as localizacións e estratexias para os seus proxectos do próximo semestre, os cales se desenvolverán segundo as necesidades do lugar escollido.

Ao día seguinte en Casa RIA, a nova sede da fundación en Santiago, levouse a cabo unha sesión de traballo na que se acompañou ao alumnado no procesado da información recompilada durante as visitas e exploráronse os primeiros enfoques para os seus futuros proxectos.

Para máis información sobre o convenio entre a Fundación RIA e a Universitat Internacional de Catalunya, visita este enlace.

O libro do Laboratorio Ecosocial do Barbanza “Cando eramos sostibles”, xa á venda

Mil novas árbores no monte do Araño