RIA asiste en Zürich ao encontro interuniversitario de NERU–New Ruralities
A Fundación RIA e a Universidade da Coruña asisten esta semana a un novo encontro interuniversitario do proxecto Erasmus+ NERU–New Ruralities, que se celebra na Escola de Arquitectura de Zürich (ETH).
Como continuación da súa participación no proxecto NERU–New Ruralities durante o último ano, RIA asiste esta semana ás xornadas de posta en común deste proxecto internacional, que se están desenvolvendo en Zürich.
O proxecto NERU–New Ruralities é unha exploración conxunta das zonas rurais europeas no marco dun intercambio académico entre a Universidade Libre de Bruxelas, o Politécnico de Turín, a Universidade do Minho, a Universidade da Coruña e a ETH de Zürich. Neste partenariado, a Fundación RIA participa como entidade colaboradora, xunto a Jan Zaman e Stephan Kampelmann.
Tras a celebración dun primeiro taller con estudantes en Bulgaria que se celebrou en 2023, NERU organiza agora un novo workshop que se desenvolverá do 4 ao 14 de setembro na comarca do Barbanza, e no que RIA será a entidade anfitrioa e dará apoio ao estudantado a hora de conectar cos axentes locais e explorar diferentes metodoloxías.
Descubre máis información sobre o próximo workshop en Porto do Son a través da convocatoria da UDC.
Máos información sobre o proxecto NERU–New Ruralities no seu perfil de Instagram.