1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12

RIA impulsará unha convocatoria para apoiar proxectos vinculados ao Eume

23 Xullo 2026

A convocatoria, que se presentará publicamente en setembro, apoiará proxectos orientados á acción que contribúan ao desenvolvemento local, á conservación e á xestión sustentable do Parque Natural das Fragas do Eume e a súa contorna, grazas ao apoio da Fundación MOP. Os proxectos seleccionados recibirán apoio económico, acompañamento técnico e apoio á comunicación.

Esta convocatoria aberta forma parte dun proceso máis amplo de planificación estratéxica que a Fundación RIA está a desenvolver co obxectivo de contribuír á conservación activa das Fragas do Eume e reforzar a súa relación coa comarca e a comunidade local. O proxecto, que conta co apoio da Fundación Marta Ortega Pérez, articúlase a través do traballo con administracións, axentes locais, sector produtivo e comunidade científica, e busca construír puntos de consenso que permitan definir, no marco normativo vixente, accións piloto orientadas ao desenvolvemento sostible do territorio.

A partir deste traballo, estanse a impulsar varias liñas de acción vinculadas á mobilidade e á articulación territorial, á actividade produtiva e á activación de iniciativas locais, entre as que se inclúe esta convocatoria.

Neste contexto, a convocatoria permitirá incorporar iniciativas e axentes ao proceso. O seu ámbito abranguerá os cinco concellos que forman parte do Parque Natural: Cabanas, A Capela, Monfero, Pontedeume e As Pontes de García Rodríguez.

As iniciativas poderán abordar cuestións relacionadas coa arquitectura e a mobilidade; a recuperación e rehabilitación de espazos, infraestruturas ou elementos patrimoniais; a actividade económica e produtiva; a transformación e comercialización de recursos locais; así como a divulgación, a educación ambiental ou a participación cidadá.

Valoraranse especialmente as propostas que contribúan á conservación e á mellora da xestión do territorio, reforcen o recoñecemento das Fragas como un activo estratéxico para o desenvolvemento local e incorporen modelos de colaboración abertos.

Os proxectos seleccionados recibirán apoio económico, acompañamento técnico para facilitar o seu desenvolvemento e o acceso a novas oportunidades de financiamento, así como apoio á comunicación e difusión das iniciativas.

As condicións de participación e o calendario de presentación de propostas daranse a coñecer co lanzamento público da convocatoria no mes de setembro.

Fragas do Eume

El MIT otorga el Leventhal City Prize al proyecto “A cunca do río Eume: unha paisaxe enerxética”

Convenio de colaboración entre la Fundación Marta Ortega Pérez y la Fundación RIA