RIA presenta no foro Ultreia a experiencia das aldeas modelo
A fundación participou no foro para compartir o proceso desenvolvido en Muimenta, onde traballa desde hai cinco anos na recuperación de espazos en desuso e na creación de novos servizos comunitarios. A xornada reuniu a máis de 200 representantes de institucións públicas, fundacións e empresas.
Manuel Rodríguez, director da fundación, participou na conversa “As aldeas como espazo de oportunidade”, xunto a representantes da Fundación Juana de Vega, da Asociación Veciñal de Puxedo e dos concellos de Carballeda de Avia e Vilariño de Conso.
Neste espazo presentouse o traballo desenvolvido en Muimenta e Penedo, dúas aldeas nas que RIA e a Fundación Juana de Vega colaboran para apoiar ás administracións na reactivación de poboacións en situación de abandono mediante a recuperación da actividade económica e a mellora da calidade de vida.
En Muimenta, o desenvolvemento dun concurso de arquitectura para a creación dun novo centro social, a reforma da praza da Festa ou a creación dunha cociña comunitaria cun comedor asociado son algunhas das actuacións levadas a cabo, nunha aldea que pretende ser un exemplo replicable noutras poboacións rurais.
Carballeda de Avia resolve o concurso para o centro social de Muimenta
Ponse en marcha o primeiro concurso no marco do convenio entre RIA e a Fundación MOP, para deseñar un centro social en Muimenta