Política de privacidade
Última actualización: 10/07/2024
Fundación RIA, como titular do sitio web www.fundacionria.org (en adiante, o “Sitio”) segundo consta no seu Aviso Legal, informa aos usuarios do mesmo de que é responsable dos tratamentos de datos persoais que se realicen a través de dito sitio.
Aos efectos da lexislación de protección de datos aplicable (incluído o Regulamento xeral de protección de datos 2016/679 ou “RXPD”), Fundación RIA é a responsable do tratamento dos datos persoais dos usuarios do seu sitio web.
1. Información recompilada
Os datos persoais facilitados cambiarán en función do uso que realice do sitio, e obtéñense por dúas vías:
1.1. Datos recollidos automaticamente: trátase da información recompilada mediante cookies ou mecanismos similares almacenados no seu dispositivo, sempre co seu consentimento. Consulte a nosa Política de Cookies para máis información.
Esta información consistirá en:
—Información técnica: a dirección IP dende a que se realiza a conexión, o tipo de dispositivo usado, o tipo de navegador e a súa versión, o sistema operativo, ou a rede móbil empregada, entre outros.
—Información da túa visita: URL, datos de uso do sitio (duración da visita, interacción co sitio e métodos de saída do mesmo) e posibles erros detectados durante a súa utilización, como páxinas non encontradas ou visualizacións erróneas.
—Información obtida a través das Cookies. Para máis información ao respecto consulte a nosa Política de Cookies.
1.2. Datos persoais facilitados polo Usuario: Email, que se solicita si o Usuario cumprimenta o formulario da newsletter “Subscríbete”.
2. Finalidades
Fundación RIA tratará os datos persoais dos usuarios web coa finalidade de asegurar unha navegación segura, así como para remitirlles a newsletter no caso de que se subscribirán á mesma.
A base legal de dito tratamento é o consentimento do usuario, que se recabará antes de enviar o formulario de subscrición.
O interese lexítimo de Fundación RIA para o tratamento é enviar a newsletter a aqueles usuarios que o soliciten a través do formulario “Subscríbete”.
3. Destinatarios
Fundación RIA non transferirá os seus datos a terceiros, nin a países fóra da Unión Europea, salvo supostos de obriga legal.
4. Tempo de conservación
Fundación RIA conservará os datos persoais o tempo necesario para acadar as finalidades expostas no apartado 2 desta Política de Privacidade.
Fundación RIA suprimirá ou anonimizará os datos persoais unha vez deixen de ser necesarios para lograr ditas finalidades, salvo supostos de obriga legal ou regulamentaria ou cando os datos resulten necesarios para exercer ou defender reclamacións xurídicas actuais ou potenciais, investigacións e procesos similares, caso en que poderá conservalos bloqueados durante o tempo en que se poidan derivar ditas obrigas.
5. Dereitos
Con respecto dos datos persoais que nos facilite, podes exercer en calquera momento os dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación do tratamento, oposición e portabilidade dos teus datos de carácter persoal mediante correo electrónico dirixido a: info@fundacionria.org ou enviándonos unha carta á seguinte dirección postal: Rúa Virxe da Cerca, 6, 15703, Santiago de Compostela, A Coruña, España. En ambos casos deberá identificarse de forma suficiente co seu nome e apelidos.
No caso de que outorgará o consentimento para algunha finalidade específica, ten dereito a retirar o consentimento en calquera momento, sen que afecte á licitude do tratamento baseado no consentimento previo á súa retirada.
Ademais, se consideras que hai un problema coa forma na que se tratan os seus datos, podes dirixir as túas reclamacións á Axencia Española de Protección de Datos.
6. Actualizacións
Esta Política de Privacidade poderá actualizarse, en tal caso intentaremos notificar aos usuarios mediante un aviso no Sitio. Na parte superior da Política de Privacidade poderás ver a última data de actualización.