1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12

«A cultura do deseño»: Tim Marlow e David Chipperfield en conversa

9 Abril 2026

O historiador da arte e director do Design Museum de Londres visita Casa RIA para participar nunha nova sesión do ciclo «Deseño en conversa». Nesta ocasión, Tim Marlow dialogará con David Chipperfield sobre a cultura do deseño e o seu papel na sociedade contemporánea.

Este ciclo forma parte do programa público da exposición «Deseño para vivir»

 

 

Marzo–xuño, 2026

Evento en inglés
Tradución ao galego dispoñible

Reservas en eventos@casaria.org

A conversa, titulada «A cultura do deseño», abordará o deseño desde unha perspectiva ampla, explorando o seu papel na sociedade contemporánea e a súa capacidade para influír na maneira en que entendemos e habitamos o mundo.

O encontro convidará a reflexionar sobre como o deseño se comunica, se expón e se interpreta, así como sobre o papel que desempeñan as institucións culturais na súa difusión. Tim Marlow, historiador da arte e director do Design Museum de Londres, dialogará con David Chipperfield nunha conversa aberta arredor da cultura do deseño e da súa presenza na vida pública.

 

«Deseño en conversa» é un ciclo de catro encontros no marco do programa público da exposición actual en Casa RIA, concibido como un espazo de diálogo arredor do papel do deseño na vida cotiá.

O ciclo reúne a Maite Sebastiá, Tim Marlow, Edward Barber e Alice Rawsthorn, que conversan con David Chipperfield sobre distintas dimensións do deseño: os obxectos que nos acompañan arredor da mesa, a cultura do deseño, o oficio e o deseño como actitude.

Tim Marlow é historiador da arte, escritor e comisario. Actualmente é director e CEO do Design Museum de Londres. Ao longo da súa traxectoria ocupou distintos cargos no ámbito museístico e cultural, entre eles na Royal Academy of Arts, e desenvolveu unha ampla actividade como autor, conferenciante e divulgador de arte e deseño.

Retrato © Jared Siskin/Patrick McMullan via Getty Images

Deseño para vivir. Material, proceso e obxectos cotiáns

«Celebrar os obxectos cotiáns»: Maite Sebastiá e David Chipperfield en conversa

«A cultura do deseño»: Tim Marlow e David Chipperfield en conversa

«O deseño como actitude»: Alice Rawsthorn e David Chipperfield en conversa