1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12

A Panda da Dá, un espazo de oportunidades para a xestión sostible do territorio

28 Maio 2025

Casa RIA acolle entre maio e xuño de 2025 unha mostra sobre o predio da Panda da Dá, no que Finsa e a Fundación RIA colaboraron para consolidala como un espazo de oportunidades para o sector forestal. Un programa de actividades abertas ao público complementa esta exposición para explorar as diferentes dimensións do predio.

Exposición aberta ao público
Dispoñible ata o 7 de xullo de 2025

 

 

 

Comisariado
Fundación RIA + Finsa

Textos en galego
Tradución ao castelán e inglés dispoñible

Casa RIA
Lun – Sáb, de 10 a 17 h

A Panda da Dá é un territorio-laboratorio vivo de xestión silvícola sostible, forxado tras 35 anos de prácticas responsables.

A diagnose integral e o masterplan elaborado pola Fundación RIA e Finsa identicaron recursos, necesidades e sinerxías que cristalizaron nun concurso internacional de ideas, xerando aprendizaxe e innovación compartida.

Este espazo de experimentación presenta un modelo replicable onde o ciclo da madeira –da semente á rehabilitación arquitectónica– articula produción, restauración e comunidade.

A mostra en Casa RIA inclúe catro laboratorios (forestal, planificación, conexións e deseño), que aplican cada fase do proceso e amosan como a cadea da madeira pode xerar valor engadido e coidar o territorio.

Unha programación especial amplía a exposición en Casa RIA a través de eventos ao longo de xuño e principios de xullo relacionados coas súas temáticas.

Programa de actividades

O 28 de maio de 2025 inaugurouse en Casa RIA a exposición dedicada á Panda da Dá, un espazo forestal que aspira a consolidarse como un laboratorio vivo de xestión territorial, demostrando que a produción madeireira e a conservación dos ecosistemas poden ir da man.

Partindo dos trinta anos de experiencias de xestión forestal sostible desenvolvidas por Finsa na finca, a mostra presenta tamén o proceso levado a cabo en 2024 xunto a RIA: unha lectura compartida da paisaxe, a identificación de recursos e a organización dun concurso internacional de ideas como ferramenta de planificación.

«Da terra e da xente» convida a tres comunidades de montes a compartir experiencias sobre o coidado do territorio, a biodiversidade e os retos de futuro da xestión veciñal.

Contaremos coa participación de:
— Erundina Louro, presidenta da CMVMC de Antas A Lama
— Ovidio Queiruga, presidente da CMVMC de Baroña
— Xosé Antón Araúxo, presidente da CMVMC de Couso

Modera a conversa Adolfo Cordero, profesor do Departamento de Ecoloxía da Escola de Enxeñaría Forestal da Universidade de Vigo.

Ligazón de inscrición.

 

«Ecosistemas territoriais desde a Bienal de Venecia» xira arredor da investigación para Internalities: Architectures for Territorial Equilibrium – proxecto que representa a arquitectura española na Bienal de Arquitectura de Venecia – sobre outras formas de producir enerxía desde o coidado da paisaxe e da comunidade.

O encontro céntrase no caso da conca do Eume como modelo alternativo de captación de enerxía local e diversificada en equilibrio coa biodiversidade e a igualdade social, da man de Manuel Bouzas, co-comisario de Internalities; Aurora Armental e Stefano Ciurlo, arquitectos de Estar, e o fotógrafo Luis Díaz Díaz, responsables do eixo de investigación sobre o ecosistema enerxético.

Ligazón de inscrición.

Máis información próximamente.

Mesa redonda «Arte e territorio: crear desde o lugar» seguida dun concerto de Caamaño & Ameixeiras.

Máis información próximamente.