1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12

«Cultivar a paisaxe», con Vicente Todolí

22 Outubro 2026

Casa RIA acolle unha conversa con Vicente Todolí, comisario de arte contemporáneo de traxectoria internacional e fundador de Todolí Citrus Fundació, un proxecto que, dende 2013, desenvolve actividades relacionadas co cultivo, investigación e divulgación sobre os cítricos.

Esta conversa forma parte do programa público da exposición «O pequeno é grande», que conta co apoio de Casa Grande de Xanceda

Xoves 22 de outubro de 2026, 18:30 h

Reservas en eventos@casaria.org

 

Cultivar é tamén construír paisaxe. As especies e variedades que se seleccionan, os lugares onde se cultivan e os coñecementos asociados ao seu coidado forman parte dun patrimonio vexetal que se transforma e transmite ao longo do tempo. A biodiversidade cultivada fala así dunha relación entre territorio, cultura e alimentación.

 

Vicente Todolí, da Fundación Todolí Citrus, afondará nestas relacións a través do traballo desenvolvido pola institución arredor da conservación e estudo dos cítricos. A colección de especies e variedades da fundación permitirá abordar o valor das plantas cultivadas como patrimonio, fonte de coñecemento e elemento capaz de activar novas formas de comprender e coidar a paisaxe.