1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12

Deseño para vivir. Material, proceso e obxectos cotiáns

5 Febreiro 2026

Casa RIA acolle entre febreiro e xuño a primeira exposición monográfica dedicada á traxectoria de David Chipperfield Design. Unha selección de máis de 50 obxectos compleméntase con prototipos, referencias e bosquexos, nunha mostra que reflexiona sobre o rol do deseño na nosa vida cotiá.

Exposición aberta ao público

 

 

 

Do 5 febreiro ao 30 de xuño de 2026

Textos en galego
Tradución ao castelán e inglés disponible

Casa RIA
Lun – Sáb, de 10 a 17 h

«Deseño para vivir» presenta unha selección de obxectos desenvolvidos polo estudio David Chipperfield Design nos últimos 35 anos. Tomando como base a reflexión sobre o proceso de deseño, a exposición cuestiona, nun momento de cambios sociais e crise ambiental, cal debe ser o papel do deseño de cara a empregar os recursos de xeito máis responsable, reforzando identidades e valores locais e adoptando unha aproximación arraigada no territorio e na vida cotiá.

A partir do deseño dunha casa en Corrubedo a inicios dos 2000, David Chipperfield Design estableceu unha relación cada vez máis próxima con Galicia, que foi unha crecente fonte de inspiración nos últimos anos. Neste sentido, a mostra pon en valor a longa tradición galega arredor do “facer”, volvendo a mirada sobre modos de produción tradicionais que empregaban como base os recursos dispoñibles no territorio e destacando a contribución de empresas galegas innovadoras que traballan a escala global.

A mostra esténdese máis alá da tradicional sala de exposicións mediante un percorrido polos espazos das dúas primeiras plantas de Casa RIA nos cales o mobiliario xa presente no edificio se complementa cunha variada selección que inclúe obxectos, bosquexos, revistas, fotografías de proceso, materiais, maquetas, prototipos e referencias; mostrando o proceso de deseño de xeito integral e formulando varias cuestións:

Cal debería ser o papel do deseño no contexto actual? Como inflúe a crecente preocupación por manter as tradicións propias, empregar materiais locais e considerar as consecuencias das técnicas industriais na maneira en que deseñamos, fabricamos e distribuímos os produtos? Que é o deseño en Galicia?

RIA organiza visitas guiadas á exposición dous sábados ao mes, cun percorrido comentado polo equipo da fundación. As visitas teñen lugar ás 12:00 e ás 16:00, cunha duración aproximada de 30 minutos. A inscripción é gratuita, con reserva previa a través de eventos@casaria.org

Próximas visitas:

— 9 de maio

— 23 de maio

Comisariado
Fundación RIA
David Chipperfield Design

 

Comisariado Deseño en Galicia
Marcos Dopico
Cibrán Rico
Suso Vázquez

 

Deseño gráfico e vídeo
Fundación RIA

 

Exposición e actividades subvencionadas por

Deputación da Coruña

 

Apoio

Agape
Alessi

David Chipperfield Architects
FSB
iGuzzini
Kasthall

Viabizzuno
Wästberg
Zumtobel

Colaboración
A Cantina
Altavela
ANABAM
D-due
Desescribir

Estar,
Giulio Iacchetti
Jasper Morrison
Sargadelos
Manuel Aldao
María América Díaz
Os Casares
Paula Ojea
Pal.lium
Xabier Iglesias

 

Agradecementos
Cecilia Díaz Betz
Fundiciones Rey
John Morgan Studio
Picusa
Salva López
Sofía Blanco
Sograni

 

Produción
Agencia Gráfica
Axeitos
Carpintería de Moreira
Galanas

Paralelamente á exposición, un programa público reunirá profesionais de disciplinas diversas como o deseño gráfico, o deseño industrial, a moda ou o deseño editorial nunha serie de conversas, seminarios e conferencias.

Descarga o folleto da exposición

pdf
pdf
pdf