«Habitar a madeira»: unha conversa con Rodrigo Escobedo
O deseñador e fundador de La Metropolitana visita Casa RIA para participar nunha conversa arredor da madeira, a produción, o deseño e a cultura material contemporánea, tomando a experiencia desta organización mexicana como punto de partida para conectar realidades de Galicia e México.
Esta conversa forma parte do programa público da exposición «Deseño para vivir» e está subvencionada pola Deputación da Coruña
Xoves 11 xuño 2026, 18:30 h
Evento en castelán
Reservas en eventos@casaria.org
A actividade contará coa participación de Rodrigo Escobedo, deseñador e fundador de La Metropolitana, unha organización multidisciplinaria dedicada ao deseño, á fabricación e ao desenvolvemento de sistemas produtivos relacionados coa transformación da madeira.
O encontro propón unha conversa arredor da madeira, a produción, o deseño e a cultura material contemporánea, tomando a experiencia de La Metropolitana como punto de partida para conectar realidades de Galicia e México.
A xornada abordará cuestións como a relación entre industrias e talleres, a perda de oficios, a rehabilitación e a construción dunha identidade material desde o local.
Debido á capacidade limitada da sala, é necesaria reserva previa a través do correo eventos@casaria.org, indicando nome e apelidos dos asistentes.