RIA acolle o primeiro simposio internacional “Provenance Projected”
A Fundación RIA foi a entidade anfitriona do primeiro simposio internacional de Provenance Projected, un proxecto internacional formado por investigadores de varias disciplinas traballando no concepto de procedencia.
Provenance Projected é un proxecto de investigación multidisciplinar no que participan arquitectos, artistas, conservacionistas, antropólogos e historiadores da arte e a arquitectura, así como a Fundación Factum para la Tecnología Digital en la Preservación, con sede en Madrid.
O proxecto está dirixido pola profesora Mari Lending, da Escola de Arquitectura e Deseño de Oslo, e financiado polo Consello Noruegués de Investigación (2023- 2027). O obxectivo principal do proxecto é reinterpretar o concepto de procedencia do século XVIII (utilizado tradicionalmente para describir os rexistros de propiedade de obras de arte e artefactos arqueolóxicos) e trasladalo á arquitectura (desde monumentos a estruturas vernáculas.
O primeiro simposio internacional do proxecto –que reuniu a todo o grupo de distintas disciplinas e países– tivo lugar en Casa RIA e otras inmediacións da cidade, contando coa asistencia do equipo da fundación.