1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12

“Un enfoque territorial”, a mostra do traballo da fundación en Casa RIA

1 Xullo 2024

O espazo expositivo de Casa RIA abre as súas portas cunha mostra titulada “Un enfoque territorial”, que expón o traballo que a fundación ven levando a cabo en Galicia durante os últimos sete anos.

A Fundación RIA nace no ano 2017 co obxectivo de comprender o territorio de Galicia en toda a súa complexidade e explorar estratexias capaces de abordar os retos presentes e futuros. Achegándose ao territorio desde a primeira liña, coas persoas que o habitan, traballan e estudan, RIA ven dando forma a unha metodoloxía centrada no proceso, no modo no que se toman as decisións, tratando de crear marcos de traballo estratéxicos de forma colaborativa.

Casa RIA é o noso novo espazo de debate, reflexión e proposta. Esta mostra inaugural, titulada “Un enfoque territorial”, presenta os principios de RIA para o futuro de Galicia, unha visión construída ao longo dos últimos sete anos de actividade.

Visita a partir do 1 de xullo
Acceso libre