1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12

Universidade e territorio, catro colaboracións académicas

10 Xullo 2025

Durante o verán de 2025, Casa RIA acolle un ciclo de exposicións breves para presentar os resultados dos programas académicos impulsados pola Fundación RIA en colaboración con catro universidades: a Universitat Internacional de Catalunya, a Universidade de Alcalá, o Massachusetts Institute of Technology e a Universidade de Navarra.

Exposicións abiertas ao público

 

UIC – 10 ao 26 de xullo

UAH – 31 de xullo ao 16 de agosto

MIT –  20 de agosto ao 6 de setembro

UNAV – 10 ao 11 de outubro

 

 

Comisariado
Fundación RIA

 

Colaboran

UIC, UAH, MIT, UNAV

Textos en galego
Tradución ao castelán e inglés disponible

Casa RIA
Lun – Sáb, de 10 a 17 h

A Fundación RIA actúa como ponte entre o ámbito académico e o territorio. Tras anos de traballo con axentes locais, facilita que universidades conecten con lugares específicos, retos concretos e comunidades vivas.

Esta exposición recolle os resultados de colaboracións con UIC, UAH e MIT na ría de Arousa, e con UNAV no interior do Ribeiro e Monterrei. Estudantes de arquitectura que, guiados por unha metodoloxía activa, exploran o lugar, falan coa veciñanza, mapean, identifican necesidades e formulan propostas estratéxicas.

No seu proceso abordan cuestións clave como a despoboación rural, a valorización das paisaxes produtivas, a dinamización das economías locais e a rexeneración ⎯e ordenación⎯ do territorio.

O exercicio vai máis alá do proxecto: é aprendizaxe situada, mediación e compromiso. Aplicar o coñecemento é activar novas preguntas, poñer en valor as intelixencias locais e abrir camiños compartidos cara a un futuro sostible para o territorio.