Casa RIA dispón de diferentes espazos para o desenvolvemento dun amplo programa de actividades públicas, e acolle as oficinas da Fundación RIA e de David Chipperfield Architects Santiago. Casa RIA ofrece as súas instalacións a outras entidades para o desenvolvemento de actividades aliñadas cos principios de RIA a través de convenios de colaboración.
Entre os seus principais espazos atópanse:
—Unha sala de exposicións de 75 m2, situada na planta baixa e que comunica a rúa Virxe da Cerca co xardín, orientado cara ao Parque de Belvís
—Unha sala de recepción e conferencias con capacidade para 50 persoas
—Espazos de oficina e reunións
Ademais, Casa RIA está dotada de infraestruturas complementarias de apoio ás actividades de investigación e difusión, que permiten o desenvolvemento de actos públicos como conferencias, debates, talleres para estudantes, estancias de investigación, exposicións e outros eventos.
O edificio inclúe:
—A Cantina, un espazo gastronómico que ofrece almorzos, comidas e servizo de cátering baseado en cociña de mercado, de tempada e de proximidade, con capacidade para 50 persoas
—12 habitacións cunha capacidade máxima de 20 persoas, ao servizo de programas de investigación, prácticas e talleres en colaboración con institucións académicas
—Terraza e xardín, que permiten ampliar A Cantina ao exterior e acoller actos públicos ao aire libre
Casa RIA está aberta a peticións de institucións que compartan os principios de RIA.
Para máis información, envíe un correo electrónico a eventos@casaria.org