Información relativa á obriga de subministrar información, en cumprimento da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.
Información institucional
A Fundación Rede de Innovación Arousa (RIA) é entidade privada de carácter cultural, sen ánimo de lucro, inscrita no Rexistro de Fundacións de Interese Galego con número de inscrición 2018/04. A Fundación, constituída o 14 de xullo de 2017, ten por obxecto o estudo, planificación e desenvolvemento produtivo, económico e cultural do territorio galego.
O seu domicilio social está na rúa Virxe da Cerca, 6 – 15703 Santiago de Compostela (A Coruña).
A entidade, adscrita ao protectorado da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia, regúlase polos seus Estatutos e as disposicións legais que lle sexan de aplicación, listadas no apartado Normativa aplicable.
Estrutura
O goberno da Fundación RIA é asumido polo seu Patronato e apoiado por un Patronato Honorífico e un Consello Asesor, que contribúen á toma de decisións, a establecer alianzas e á proxección pública da misión e actividades da fundación.
Padroado
David Chipperfield, Presidente e fundador
Carlos Seoane, Vicepresidente primeiro e secretario
Evelyn Stern, Vicepresidenta segunda
Padroado Honorífico
Inés Carvajal
Charo Froján
Cristina Codesido
Tona Martínez
Roberto Tojeiro
Miriam Pérez
Consello Asesor
Josep Bohigas
Ricky Burdett
Katharina Lehmann
Regula Luscher
Laura Sprechmann
Ulrich Wilhelm
Información económica
Subvencións recibidas, contratos e convenios con administracións públicas:
Táboa de transparencia
Plan de actuación:
Exercicio 2024
Contas anuais:
Exercicio 2022
Exercicio 2021
Exercicio 2020
Exercicio 2019
Normativa aplicable
Lexislación básica
Lei 50/2002, do 26 de decembro, de Fundacións.
Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese Galego.
DECRETO 14/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de fundacións de interese galego
DECRETO 15/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Fundacións de Interese Galego.
Normativa fiscal e contable
Lei 49/2002, do 23 de decembro, de Réxime Fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos Fiscais ao Mecenado.
Real Decreto 1270/2003 do 10 de outubro, polo que se aproba o Regulamento para a aplicación do Réxime fiscal da Entidades sen fins lucrativos e dos incentivos Fiscais ao Mecenado.
Real Decreto 1491/2011, do 24 de outubro, polo que se aproban as normas de adaptación do Plan Xeral de Contabilidade ás entidades sen fins lucrativos e o modelo de plan de actuación das entidades sen fins lucrativos, e a súa normativa complementaria.
Resolución do 26 de marzo de 2013, do Instituto de Contabilidade e Auditoría de Contas, pola que se aproba o Plan de Contabilidade das entidades sen fins lucrativos.
Outra normativa aplicable
Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de Riscos Laborais, e normas de desenvolvemento.
Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais.
Lei 10/2010, do 28 de abril, de prevención do branqueo de capitais e do financiamento do terrorismo, e normas de desenvolvemento ou concordantes.
Real Decreto 304/2014, do 5 de maio, polo que se aproba o Regulamento da Lei 10/2010, do 28 de abril, de prevención do branqueo de capitais e do financiamento do terrorismo.
Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.
Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.
E, con carácter xeral, polas disposicións legais que lle sexan de aplicación.