AC-305: De estrada a rúa
A integración das infraestruturas de tráfico no espazo público e a redución dos seus impactos negativos nas contornas habitables son algúns dos obxectivos do proxecto piloto de Palmeira, que marca o inicio da colaboración entre RIA e a Xunta de Galicia para a transformación de seis tramos urbanos da estrada AC-305.
Promotor
Xunta de Galicia
Consellería de Infraestruturas e Mobilidade
Axencia Galega de Infraestruturas
Fundación RIA
Equipo y colaboradores
Fundación RIA
Ano
2018
Localización
Palmeira, Ribeira, A Coruña
Este proxecto piloto xorde da necesidade de abordar os conflitos que provoca a rede de estradas autonómicas ao seu paso por núcleos urbanos. Con este traballo, RIA busca ofrecer criterios para a recuperación da identidade urbana e a escala humana, valores perdidos en contornas que favoreceron unilateralmente o uso do automóbil.
Nestas contornas, o espazo público vese invadido de maneira case ininterrompida polo tráfico e as zonas de aparcamento, degradando o espazo do peón e das relacións sociais.
En colaboración coa Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), RIA identifica conflitos nun tramo da rede viaria de titularidade autonómica, así como o deseño de solucións e propostas de intervención para xerar un espazo público máis antropocéntrico e de calidade.
O ámbito do proxecto é o núcleo urbano de Palmeira, unha vila mariñeira situado no municipio de Ribeira, que se atopa no trazado da estrada AC-305. As estratexias que se propoñen están pensadas para ser replicables noutros lugares onde se identifiquen conflitos similares.
Mentres que no seu inicio a AC-305 era un camiño de terra que actuaba como a rúa principal dos núcleos que atravesaba, rapidamente transformouse nunha infraestrutura crave para o crecemento da actividade pesqueira e conserveira.
Análise
O traballo ten como obxectivo analizar as contornas urbanas atravesadas pola estrada da costa norte da ría de Arousa e propoñer estratexias de intervención no espazo público que integren no núcleo a infraestrutura viaria, reduzan o seu perigo e melloren a calidade ambiental á vez que restitúan os valores identitarios do lugar.
Para ofrecer o maior nivel de precisión na análise, a información existente compleméntase con sesións de traballo de campo.
A recolección de datos e os métodos de investigación sobre o terreo son necesarios para establecer un maior entendemento dos factores que afectan ás diferentes escalas do territorio.
Por esta razón, traballar con información fiable é unha pedra angular para a fundación, permitindo deste xeito presentar recomendacións e propostas obxectivas.
Estratexia
En termos xerais, preténdese transformar o carácter da vía en toda a súa lonxitude, reducindo a velocidade máxima no tramo urbano a 30 km/h e introducindo un tramo de retardación, a 50km/h, en cada extremo.
Para obter unha limitación da velocidade máxima máis efectiva os sinais de tráfico non bastan e debe levar a cabo unha transformación da rúa, empezando pola redución da anchura de carril a 3 metros en tramos urbanos.
Á súa vez, esta diminución de carril permite a extensión da superficie dedicada ao peón e a introdución dunha franxa verde en toda a súa lonxitude. Esta franxa flexible permite adaptarse aos cambios de sección, albergando arboledo ao acceso á contorna ou mobiliario urbano e zonas de uso especial, como paradas de transporte público.
Aproveitando a transformación da rúa, o proxecto integra a previsión de servizos e sistemas urbanos de drenaxe sostible integrados no seu deseño.
Actuacións por tramos
En lugar de levar a cabo unha acción xeral que afecte toda a sección da rúa ao longo do seu tramo urbano, óptase por concentrar as actuacións en tramos curtos.
Estas intervencións máis puntuais teñen a intención de fragmentar o proxecto e permitir a súa implementación por fases, xerando o efecto desexado cun custo menor. As accións realízanse en puntos estratéxicos onde os efectos desexados teñen un maior impacto.
Os puntos que marcan a entrada ao centro urbano, os cruces con maior perigo que xeran conexións transversais, e os lugares de usos especiais, como paradas de bus, son elixidos como prioritarios para concentrar os esforzos das primeiras fases do proxecto.
Un proxecto piloto replicable
Palmeira constitúe unha proba piloto para o desenvolvemento dunha metodoloxía de análise e proposta de estratexias no ámbito da estrada AC-305. Os resultados deste estudo de 2018 derivaron nunha análise posterior a escala territorial, abarcando o 39 km do trazado da viario AC-305 e a identificación de cinco tramos onde aplicar esta metodoloxía desenvolvida no proxecto de Palmeira.
Para máis información, consulta odocumento divulgativo do proxecto ou contacta coa Fundación RIA a través de info@fundacionria.org