1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12

AMOSAR

Accesibilidade e movilidad sostible en áreas rurais

AMOSAR é un proxecto cun enfoque integral que, a través da implantación dun modelo de mobilidade pública eficiente, dixitalizada e sostible, impulsa a rexeneración urbana e a cohesión territorial dos núcleos costeiros do norte da ría de Arousa.

Promotor
Fundación RIA

 

Equipo e colaboradores
Fundación RIA

Ano
2021

Localización
Barbanza, A Coruña

O proxecto, promovido de forma independente pola Fundación RIA, propón un sistema de mobilidade pública sostible como catalizador para desenvolver unha estratexia de alcance territorial que impulse o desenvolvemento económico, a fixación de poboación en áreas periféricas e a rexeneración urbana.

A través dunha liña exprés de autobuses sen emisións, propón conectarse cos nodos industriais situados ao longo da autoestrada AG-11 coas grandes infraestruturas do Eixo Atlántico. Ademais, unha rede de intercambiadores permitirá coordinar a mobilidade mediante lanzadeiras con minibuses eléctricos que percorran os núcleos urbanos costeiros ao longo da estrada AC-305.

Co obxectivo de reducir drasticamente as emisións e o impacto do coche no espazo público, impúlsase a rehabilitación de vivendas e a rexeneración urbana con criterios de eficiencia, inclusión e benestar.

Para o seu desenvolvemento, é necesario o uso dos avances dixitais, empregando big data no análise, planificación e xestión de rutas; facendo accesible a información en tempo real a través de plataformas web e apps móviles para usuarios, operadores e administracións; fomentando a comunicación e participación da cidadanía con estratexias de gamificación; e despregando puntos de recarga eléctrica e xeración solar en todas as partes do proxecto.

A cidadanía da península do Barbanza depende en gran medida do vehículo privado para os seus desprazamentos. Como resultado, os espazos destinados ao vehículo privado ocupan a maior parte do espazo público.

Contexto territorial

A Mancomunidade Barbanza Arousa é unha área supramunicipal que conta coa terceira maior densidade de poboación da provincia da Coruña, con 66.000 habitantes. Está formada polos concellos de Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira, que posúen un importante tecido industrial, onde se atopan empresas líderes a nivel nacional no sector da conserva.

A gran cantidade de postos de traballo destes centros incrementa substancialmente o número de desprazamentos ao traballo que se producen diariamente na rexión, a maioría en vehículos privados de combustión.

Este ámbito conta con dúas infraestruturas de mobilidade, con dous trazados paralelos. En primeiro lugar, a estrada costeira (AC-305), vía histórica que atravesa e conecta os centros urbanos ao longo da costa, moi próxima ao fronte mariñeiro. Por outra banda, a Autovía do Barbanza (AG-11), unha vía rápida que o transporte público non utiliza na actualidade e, polo tanto, dificilmente pode competir en tempo de percorrido co transporte privado.

AMOSAR é un proxecto integral que pretende reactivar economicamente este importante eixe industrial, transitar cara a un modelo urbano sostible e articular a rexión coas principais infraestruturas do Eixo Atlántico.

Un sistema integral

A proposta busca ofrecer unha mobilidade eficiente, universal e limpa para os catro concellos da área supramunicipal Barbanza Arousa (Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira), ao mesmo tempo que proporciona ao lado norte da ría de Arousa unha conexión rápida con Padrón e Santiago de Compostela, que, ao contrario do lado sur, non conta con ferrocarril.

Para iso, AMOSAR propón unha rede de sete liñas con tempos de espera e intercambio moi reducidos, con información en tempo real.

A través de hubs de intercambio situados estratexicamente en terreos dispoñibles en polígonos industriais e parques empresariais, conecta a liña exprés cos centros dos concellos.

Os polígonos industriais de Barbanza Arousa son o lugar ideal para situar hubs de intercambio, xa que son xeradores de desprazamentos e dispoñen de terreos públicos libres. Estas infraestruturas integran outros medios de transporte non motorizados, aparcadoiros disuasorios e estacións de carga, para favorecer a intermodalidade.

Unha estratexia aliñada cos obxectivos globais de sustentabilidade

AMOSAR é unha proposta que acelera a reconstrución e a transformación de modelo mediante a aplicación de toda unha serie de liñas de acción que impulsa a Axenda Urbana Española e o Pacto Verde Europeo, directrices aliñadas cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible das Nacións Unidas.

Para poder abordar a necesaria rexeneración urbana que impulsa a Axenda Urbana Española, debemos ampliar o foco e deseñar unha estratexia integral que sitúe a mobilidade pública, limpa e dixital como vector de desenvolvemento, en combinación con actuacións de rehabilitación de vivenda, xeración e eficiencia enerxética, e mellora do espazo público.

Consulta a proposta completa no seu dosier informativo.