La Fundación RIA firma un convenio marco de colaboración con la Universitat Internacional de Catalunya
El rector de la Universitat Internacional de Catalunya (UIC) y el director de la Fundación RIA firman un acuerdo de cooperación para promover el intercambio de experiencias y de personal en los campos de la docencia, la investigación y la cultura.
Partiendo dun interés común de ambas entidades no ámbito académico, científico e cultural e co obxetivo de mellorar os aspectos económicos e sociais do territorio nace este convenio entre ambas institucións.
Por unha parte, a Fundación RIA busca conciliar e potenciar os esforzos das persoas e das institucións públicas e privadas relacionadas con elas, e no seu caso actuar como instrumento de coordinación de éstas mentras que a UIC manifesta a vontade de vincularse con diversas entidades culturais, académicas e de investigación de Galicia e fomentar, ampliar e difundir este modelo entre a comunidade universitaria, especialmente entre os estudantes que acceden á ensinanza universitaria.
O convenio aposta por promover o intercambio de experiencias e de persoal facilitando o intercambio polo tempo limitado de profesionais, docentes e investigadores; fomentando a participación en proxectos e programas bilaterais ou multilaterais de investigación e desenvolvemento e cooperando en programas de formación de persoal académico, investigador e/ou técnico.
A priori establécese que a Fundación RIA colaborará no ámbito académico da UIC en dous momentos puntuais: participación dentro do Ciclo de Foros “Landing” impartindo unha conferencia e por outra parte, acollendo estudantes que traballarán no desenvolvemento de proxectos relacionados coas temáticas e a metodoloxía de traballo da Fundación.